Xénese
Xénese
[RELIX]
Primeiro libro do Pentateuco e de toda a Biblia. Os once primeiros libros sitúan os patriarcas dentro da historia da humanidade desde a creación. O resto do libro presenta a Abraham, Isaac, Xacob e os seus doce fillos, que deron orixe ao pobo de Israel. Compilado con todo o Pentateuco en época persa (398 a C) como lei étnico-relixiosa de Israel, recolleu, entre outros documentos, dúas compilacións anteriores: unha, iavista e elohista, de comezos da monarquía (ss X e IX a C), e outra sacerdotal, de tempos de Ecequiel (s VI a C).