Xenevra, Raíña
Xenevra, Raíña
[LIT/MIT]
Personaxe da mitoloxía celta, muller do Rei Artur. A súa relación adúltera con Lancelote do Lago, prototipo do amor cortés, narrada na novela en verso Lancelot ou Le chevalier de la charrette (1177-1181) de Chrétien de Troyes, foi utilizada polos inimigos de Artur para destruír o seu reino e acabar cos cabaleiros da Táboa Redonda. Esta personaxe aparece na literatura galega na tradución medieval do Livro de Tristan (s XIV), ademais de en obras como Merlín e familia i outras historias (1955), de A. Cunqueiro, ou Amor de Artur (1982), de X. L. Méndez Ferrín.