xenoma

xenoma

(

s m [XEN]

Contido total de ADN propio do conxunto de cromosomas dunha especie. No caso dos humanos comprende vinte e tres parellas de cromosomas. A secuenciación completa do xenoma humano, acadada en 2003 polo proxecto Xenoma Humano, fará posible a comprensión do seu funcionamento, ademais de abrir novos horizontes para o diagnóstico precoz e o tratamento de moitas enfermidades, especialmente das máis de 4.000 alteracións xenéticas hereditarias coñecidas.

Palabras veciñas

xenogamia | xenol | xenolito | xenoma | Xenoma Humano, proxecto | xenon | xenopéltido -da