2 xeorxiano -na

2 xeorxiano -na

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Xeorxia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Xeorxia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo xeorxiano.

    2. s [ETN]

      Individuo do pobo xeorxiano.

    3. s m pl [ETN]

      Pobo caucásico que se estableceu na vertente meridional da serra do Cáucaso. Cunha lingua e tradición cultural propias, os xeorxianos constitúen, despois dos armenios, o pobo máis importante de Caucasia.

  1. s m [LING]

    Lingua kartveliana do phylum caucásico que se fala en Xeorxia. Presenta dúas etapas: o xeorxiano antigo ou clásico, e o xeorxiano moderno. Das súas características lingüísticas destacan: a declinación con oito casos (nominativo en dúas formas, predicativo, vocativo, xenitivo, instrumental, locativo-dativo e terminal), sitúa o núcleo despois dos elementos que dependen del, os morfemas verbais poden sinalar ata tres participantes (suxeito, complemento directo e complemento indirecto) e o acento recae na primeira sílaba.

  2. alfabeto xeorxiano [ESCR]

    Alfabeto propio da lingua xeorxiana. Atribuíuselle a invención ao armenio Mesrob, creador tamén do alfabeto armenio (s V). A inscrición máis antiga data aproximadamente do ano 430. O alfabeto xeorxiano inspírase nunha antiga escritura iránica, a pahlavi arsácida, e consta de trinta e oito signos. Posúe dúas formas de escritura: a sacerdotal ()uc’uri) e a guerreira (m)edruli), que aparece entre os ss XII-XIV e que sobreviviu no uso normal da lingua.

  3. arte xeorxiana [ARTE]

    Arte desenvolvida en Xeorxia. Dos primeiros anos da era cristiá salientan os darbazi (casas cunha cúpula central, aberta ao centro) e a arquitectura relixiosa (basílica de Sión, en Bolnisi e as basílicas de Bolnisi, Kazret’i e Nekresi), que coa dominación árabe acadou un período de esplendor (s X). Predominou a construción rectangular con cúpula elevada, de cobertura cónica enriba dunha lanterna, que descansa sobre pilastras e forma unha cruz, co exterior moi esculpido. Das igrexas posteriores ao s X destacan a catedral de Oški (s X), a de Alaverdi (s XI), a de Sveti-c’)oveli en Mc’)et’a (s XII) ou a do mosteiro de Gelat’i (s XII). En escultura son salientables os baixorrelevos da cancela de Šiomgvime (s XI) e en toréutica, o tríptico de ḫa)uli (s XII). Os frescos revelan un estilo bizantino, pero menos estilizado. Da pintura moderna destaca Niko Pirosmanišvili (1862-1918).

  4. literatura xeorxiana [LIT]

    Literatura escrita en xeorxiano. Ata finais do s XII foi eminentemente relixiosa na que destacan a versión do leccionario de Xerusalén e, entre as obras haxiográficas orixinais, a Vida de Gregori de andzt’a, de J. Merčule (s X). Nos ss XI e XII destacou o mosteiro de Iviron, no monte Athos, onde sobresaíu J. Mtacmindeli (1014-1066). A esta literatura relixiosa, influída polas tradicións siríaca e bizantina, seguiuna a partir dos ss XII e XIII, unha literatura profana inspirada na literatura persa. Entre as figuras do período da Raíña Tamar (1184-1212) destacou Šot’a Rust’aveli, autor do poema épico O home con pel de tigre. Despois dun longo período de decadencia, a literatura xeorxiana viviu un renacemento, iniciado no s XVI, que coincidiu cunha apertura cara ao mundo occidental (S. Sul)an Orbeliani, o Rei Va)tang VI e David Guramišvili). No s XIX, coa anexión de Xeorxia a Rusia, xurdiu un grupo de escritores de tendencia romántica e nacionalista, como N. Baratišvili e G. Orbeliani e a finais deste século, outros como I. Čavčavadze e A. Cereteli. M. Džava)išvili e K. Gamsa)urdia iniciaron a novela despois da Revolución de Outubro e entre os poetas contemporáneos, destaca I. Aba)idze.