xeraniáceo -a
xeraniáceo -a
(< lat científico Geranium, xénero de plantas)
-
adx
Relativo ou pertencente ás xeraniáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das xeraniáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas da orde das xeraniais, formada por plantas herbáceas e sufruticosas de follas simples lobuladas ou compostas, flores pentámeras e froitos esquizocárpicos. Son propias de países temperados.