xeriatría

xeriatría

(< gr γῆρας ‘vellez’ + -iatría)

s f [MED]

Parte da patoloxía que estuda as enfermidades propias dos anciáns ou concomitantes do proceso de senescencia, como é a enfermidade de Parkinson, a osteoporose ou a arteriosclerose. Aínda que adoita empregarse o termo como sinónimo de xerontoloxía, en realidade é unha rama desta.

Palabras veciñas

xergo -ga | xergón | xeriatra | xeriatría | xeriátrico -ca | Xèrica | Xericó