Xermania
Xermania
Nome que os romanos deron á gran chaira de Europa Central desde o Rin ata o Vístula, ocupada por pobos de orixe indoeuropea. As tentativas de conquista fracasaron e as dificultades da zona impediron unha gran colonización e explotación que se limitou á rexión do Rin (Renania), organizada administrativamente no s I ao dividila nas provincias de Xemania Inferior e Xermania Superior. Os emperadores flavios e antoninos fortificaron o limes e, sen o perigo das invasións, foi romanizada. Destacaron as cidades da Augusta Treverorum (Tréveris), Colonia Agrippina (Colonia) e Novaesium (Neuss).