Xermanías
Xermanías
Alzamento que estalou na Coroa de Aragón, nos reinos de València e Mallorca, entre 1519 e 1523, como un intento, fracasado, da burguesía de tomar o poder. Inicialmente eran milicias armadas integradas polos gremios e autorizadas en 1502 para facer fronte aos berberiscos. De carácter netamente urbano e moderado, a revolta radicalizouse e pasou ao campo. A nobreza valenciana, que viu ameazado o seu poder, conseguiu de Carlos I o seu desarmamento. A revolta coincidiu coas Comunidades de Castela. Os seus membros foron derrotados e os líderes axustizados.