Xerocomus
Xerocomus
[FUNGO]
Xénero de fungos, da orde dos boletais, cun sombreiro de cor parda, viscoso, con poros longos e soldados e o pé longo. Existen varias especies moi semellantes entre si, como X. subtomentosus ou X. spadiceus, e reciben o nome de andoas.