xerónimo -ma

xerónimo -ma

(< lat Hieronymu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á orde de san Xerome.

  2. s [RELIX]

    Membro da orde de San Xerome, fundada en 1373 cando o Papa Gregorio XI aprobou a modalidade de vida comunitaria, solicitada por un grupo de eremitas casteláns, clérigos e segrares, establecidos en Castañar e despois en Villaescusa e San Bartolomé de Lupiana, considerada a casa nai da orde. O papa autorizoulles a vivir en comunidade baixo o nome de freires ou ermitáns de San Xerome, seguindo a regra de santo Agostiño, cun hábito branco e terroso. Dependentes do bispo de cada diocese, en 1414 o Papa Benedito XIII concedeulles a exención e a facultade de celebrar capítulos. Despois da exclaustración de 1835 non se restaurou ata 1925 en Santa María del Parral (Segovia). Hai dúas comunidades masculinas: Santa María de Parral (Segovia) e San Jerónimo de Yuste (Cáceres). A rama feminina, da que hai 17 mosteiros, xurdiu como casa de beatas en Toledo en 1374 e incorporouse á orde en 1464.

Palabras veciñas

Xerome, | Xeromo | xeromorfo -fa | xerónimo -ma | xeronte | xeronto- | xerontocracia