xestaltismo

xestaltismo

(

s m [ARTE]

Tendencia da arte abstracta que afirma que a obra de arte ten que ser formada polo espírito antes da súa execución, sen recibir ningunha influencia dos elementos formais da natureza nin da sensibilidade. Esta afirmación, que fai da intelixencia a fonte suprema da creación, é un dos principios fundamentais propostos por T. van Doesburg (1930) e por Max Bill (1931), creadores da arte concreta, e que se pode relacionar coa doutrina da psicoloxía da forma.

Palabras veciñas

xestación | xestal | Xestal, O | xestaltismo | xestante | Xestas, As | xestatorio -ria