xestión

xestión

(

  1. s f

    Acción que se realiza para a consecución ou tramitación dun asunto.

    Sinónimos: trámite.
    1. s f

      Acción e efecto de administrar, organizar ou dirixir algo.

    2. xestión de existencias / [ADM/ECON]

      Actividade que consiste no manexo e control dos inventarios de materias primas, produtos semielaborados e terminados co fin de diminuír o seu volume o máximo posible, sen poñer en perigo o seu proceso produtivo e comercial.

    3. xestión de liquidez / [ADM/ECON]

      Actividade pola que as empresas e bancos reducen os seus niveis de liquidez, sen comprometer a capacidade de pago, para empregar o diñeiro resultante noutras actividades máis rendibles.

    4. xestión de patrimonios / [ADM/ECON]

      Actividade pola que as entidades xestoras de patrimonio administran as carteiras e valores mobiliarios dos seus clientes, asesorándoos en temas financeiros e na colocación de emisións tanto públicas coma privadas.

    5. xestión de riscos / [ADM/ECON]

      Actividade que consiste no estudo e control dos riscos que poidan xurdirlle a unha empresa ou institución nas súas actividades financeiras, tentando que exista un grao de cobertura adecuada de todos os activos da sociedade.

    6. xestión fiscal / [ADM/ECON]

      Actividade que consiste en analizar as diferentes alternativas que se presentan na declaración de impostos co fin de minimizar a cota tributaria a pagar.

    7. xestión orzamentaria/presupostaria / [ADM/ECON]

      Actividade desenvolvida pola dirección dunha empresa que consiste en fixar uns orzamentos para cada actividade e comparalos cos resultados reais obtidos, observando as desviacións producidas e analizando as causas para proceder á súa posterior corrección.

  2. s f

    Tempo que dura a acción de administrar, organizar ou dirixir algo.

Palabras veciñas

xesticulación | xesticulante | xesticular | xestión | xestionar | xesto | xestor -ra