Xinjiang Uygur

Xinjiang Uygur
Nome científico: [Xinjiang Uygur; uigur: Shinjiang;]

Sheng de China, na rexión Noroeste (1.600.000 km2; 19.250.000 h [2000]). A súa capital é Ürümqi. Esténdese entre o Tíbet e a Asia Central Soviética, e está limitado polas montañas do Altai ao N e as do Kunlun ao S. No centro da rexión álzase a potente cordilleira do Tian Shan, con altitudes de máis de 5.000 m, que se abre en cada unha das súas bandas unha conca inmensa, a do Jungghariya ao N e a do Tarim ao S. A súa poboación está formada por varios grupos étnicos, entre os que destacan os uigures. A agricultura produce cereais, algodón e arroz. En 1850, e con axuda soviética, iniciouse a explotación dos recursos minerais, como o petróleo, o uranio e o cobre.

Palabras veciñas

Xinhailian | xinigo -ga | Xining ou Sining | Xinjiang Uygur | xinkgo | xinkgoáceo -a | xino-