xirondino -na

xirondino -na

(< topónimo Gironde)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Gironde ou as seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Gironde.

  1. adx e s

    Relativo ou pertencente aos membros do grupo político da Revolución Francesa que actuou na Asamblea Lexislativa e na Convención Nacional. Déuselles este nome porque tiñan deputados do distrito de Gironde. Proviñan da burguesía enriquecida polos bens comunais e foron perseguidos por votar as leis contra os emigrantes e o clero refractario (1791). Os seus dirixentes foron Brissot, Condorcet, Vergniaud, Gensonné e Guadet, entre outros. Formaron un goberno efémero, dirixido por Dumouriez (marzo de 1792) e ao formarse a Convención en setembro constituíron o grupo moderado. Defenderon a propiedade, o librecambismo e a república ilustrada. En novembro foron eclipsados polos montagnards, radicais, e a deserción de Dumouriez (abril de 1793) iniciou a súa caída, que culminou coa súa expulsión da Convención en xuño e a súa persecución.

Palabras veciñas

xirómetro | xirón | Xironda, A | xirondino -na | xironés -sa | xiroscopio | xiróstato