xitano -na

xitano -na

(< lat aegyptanu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo xitano ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo xitano.

  3. s m pl [ETN]

    Tribo do NO de India que no s XV se estableceu en Europa central e occidental. Penetraron na Península Ibérica cara a 1415 e a partir de finais do s XX organizáronse internacionalmente na Unión Romaní Internacional.

  4. s m [LING]

    Lingua indoaria do phylum indoeuropeo que fala o pobo xitano. Chamada en xitano Romanīčib, na Península Ibérica recibe o nome de caló. O vocabulario sufriu moitas transformacións e a miúdo preséntase como unha lingua secreta, da que o vocabulario é xitano e a gramática é a da lingua do país.

Palabras veciñas

Xistral | Xistral, Serra do | xistrar | xitano -na | Xiuhtecuhtli | Xiva | xivaísmo