Xochimilco
Xochimilco
Antigo estado mesoamericano, situado na zona lacustre de México. Foi poboado por xente de fala náhuatl. Parece que foi fundado cara á fin do s XII. Dominárono os tepanecas de Azcapotzalco e os señores de Tenochtitlán.