xosa
xosa
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo xosa ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo xosa.
-
s
m pl
[ETN]
Conxunto de tribos pertencentes ao grupo meridional dos nguni de lingua bantú, que habitan entre as concas do río Kei e do Great Fish, ata a costa do Océano Índico, na provincia do Cabo (República Surafricana). As tribos máis importantes son os gcaleka, ngqita, ndlamba, dushane, qayi e gqunkhwebe. Pobo agricultor e gandeiro, organízase en clans patrilineais, unidos polos seus xefes á tribo dirixida polo xefe do clan principal.
-
s
m
[LING]
Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo xosa. A súa semellanza co zulú fai que se consideren un único idioma, o xosa-zulú, aínda que os autóctonos os consideren idiomas diferentes.