Xosé de Arimatea
Xosé de Arimatea
[RELIX]
Personaxe bíblico. Membro do sanedrín de Xerusalén e discípulo de Xesús, tras a morte do seu mestre solicitou o seu corpo a Pilato para sepultalo no seu propio sepulcro. Leva o seu nome un dos textos apócrifos sobre a paixón e a resurrección de Xesús máis lidos durante a Idade Media. A tradición artúrica di que recolleu o sangue de Xesús Cristo nun cáliz, o santo Graal, no Libro de Xosé de Arimatea pertencente ao ciclo da Post-Vulgata.