Xubia-Castro
Xubia-Castro
Sistema fluvial composto polos ríos Xubia e Castro cunha altitude media de 407 m que abrangue os concellos da Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez. Destaca pola presenza de vexetación de ribeira, os bosques aluviais de amieiros e freixos, as uces ou os esfagnos. En canto á súa fauna, atópanse principalmente aves como o gabián, o ferreiriño rabilongo, o falcón pequeno ou o ouriolo, anfibios como a píntega rabilonga, réptiles como o lagarto das silvas e mamíferos como a londra común. Desde 2001 forma parte da Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).