xuízo
(< lat iudicǐu)
-
s
m
Capacidade mental que permite actuar de xeito razoable e correcto.
Sinónimos: siso. -
-
s
m
Facultade mental que permite xulgar e actuar en consecuencia.
-
s
m
[FILOS/PSIC]
Acto ou proceso mental mediante o que o home pensa unha proposición ou enunciado, atribúe un predicado a un suxeito, e afirma ou nega unha relación entre dous o máis termos. Distínguense diversos tipos de xuízo: de calidade, de cantidade, de relación e de modalidade. Diferénciase, na orde de relación predicado-suxeito, o xuízo analítico do sintético; e no da relación na experiencia, o xuízo a priori do xuízo a posteriori. Fálase tamén de xuízos de valor, reais, ideais e universais.
-
facultade de xuízo
[FILOS]
Facultade, na filosofía kantiana, de pensar no que é particular en tanto que inclúe o que é xeral.
-
xuízo temerario
Pensamento ou afirmación, prexudiciais a outro, que se fan sobre a base de motivos ou razóns insuficientes.
-
s
m
-
s
m
-
Maneira que unha persoa ten de xulgar desde unha perspectiva subxectiva.
-
[FILOS]
Acto ou proceso mental polo que o home ordea a súa conduta en función dunhas normas, uns principios ou uns criterios determinados.
-
-
[DER]
-
s
m
Coñecemento dunha causa en que o xuíz ou o tribunal ten que pronunciar a sentenza. Os elementos indispensables son a discusión sobre un dereito en controversia, as partes que discuten, o xuíz ou o tribunal que xulga e decide, e a lei segundo a que se instrúe o proceso. Diferéncianse, entre outros, os xuízos contencioso, de faltas, oral ou plenario, ordinario ou sumario.
-
xuízo verbal
Xuízo declarativo, civil e rápido, destinado a cuestións de mínima contía, que se tramita de palabra, agás nos extremos que en todo xuízo se deben consignar necesariamente por escrito.
-
s
m
-
[RELIX]
-
s
m
Sanción, proferida ao morrer o home, segundo a súa fidelidade ou infidelidade cara a Deus, profesada por diversas relixións.
-
xuízo final/universal
Sanción definitiva da historia salvífica de Deus a través de Xesús Cristo que terá lugar ao final da historia humana. Denomínase xuízo universal en tanto que terá un carácter global de consumación da creación.
-
s
m
-
xuízo de Deus
[HIST]
Institución medieval que consiste en diversas probas, ás que se sometía a un acusado ou aos partidos litigantes para establecer a culpabilidade, para saber quen dicía a verdade ou quen tiña razón.