xuncáceo -a
xuncáceo -a
(< lat científico Juncus)
-
adx
Relativo ou pertencente ás xuncáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das xuncáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas monocotiledóneas constituída por herbáceas, xeralmente perennes, de follas longas e estriadas, cilíndricas e ás veces reducidas a escamas. Teñen flores actinomorfas, hermafroditas, hipóxinas e cun periantio de 6 divisións verdoso ou pardo, e o froito en cápsula loculicida. Son propias das zonas temperadas e frías.