Babenberg

Babenberg

ou luitpoldings Familia feudal alemana. Os seus membros tamén se coñecen pola denominación de luitpoldings, que tomaron o nome do castelo que posuía en Franconia. Gobernaron a Marca de Austria e, durante algún tempo, os ducados de Saxonia e Baviera. Leopoldo I (ou Luitpold) o Ilustre (morto no 984), fillo de Arnulfo II, duque de Baviera, foi o primeiro margrave de Austria, título que recibiu no 976. Enrique II Jasomirgott (morto en 1177), oitavo margrave de Austria e duque de Baviera, foi o primeiro duque hereditario de Austria dende 1156. O seu fillo Leopoldo V o Virtuoso (morto en 1194), segundo duque de Austria, adquiriu Estiria en 1192. A liñaxe extinguiuse en 1246 á morte de Federico II o Belicoso, quinto duque de Austria e duque de Estiria.