babismo

babismo

(< ár bāb ‘porta’ +-ismo)

s m [RELIX]

Movemento relixioso moderno procedente da seita xiíta do Islam, fundado en Persia en 1844 por Mīrzā ‘Alī Mu ḥ ammad de Šīrāz, que se declarou mensaxeiro de Deus e adoptou o título de Bāb. O babismo defende a teoría da revelación progresiva e predica que ningunha verdade é definitiva. Propón unha espiritualización da relixión, unha condición máis elevada para a muller e outras reformas sociais, como a supresión da poligamia, do concubinato e do comercio de escravos. O Bab predicou a chegada dun enviado máis grande que liberaría á humanidade. O éxito da súa predicación tróuxolle a inimizade dos elementos ortodoxos que o acusaron de intentos revolucionarios. Unha vez executado o fundador (1850), o movemento continuou grazas a un pequeno grupo. En 1863 Mīrzā Ḥ usayn ‘Alī (1817-1892) anunciou que el era o enviado predicido por Bāb. Tomou o nome de Bahā’ Alaāh (“Esplendor de Deus”) e o movemento cambiou o nome de babismo polo de bahaismo.

Palabras veciñas

babirusa | babirusa | babismo | babismo | babista | babista | Babits, Mihály