Bacelar
Bacelar
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria de Valença do Miño, dende onde pasou a Galicia, asentándose na vila de Tui. Nos tratados heráldicos este apelido pode aparecer tamén coa forma Bacelares. As súas armas levan, en campo de prata, unha parra de sinople, arrincada, cos seus acios de sable. Outra variante ostenta, en campo de prata, unha planta de vide, con raíz e con catro ramas, dúas a cada lado, entrecuzándose as superiores, levando cadansúa folla, cadanseu acio de uvas e cadanseu bacelo, todo da súa cor natural.