bacilo
(< lat băcillu ‘bastón,variña’)
-
s
m
[MONERA]
Bacteria en forma de bastón que polo xeral ten carácter patóxeno.
Confrontacións: microbio, virus, xerme. -
bacilo de Bang
[MONERA]
Bacteria en forma de bacilo, axente do aborto epizoótico de bóvidos e porcos.
-
bacilo de Calmette e Guérin
[MONERA]
Bacteria tuberculosa atenuada, máis coñecida pola sigla BCG.
-
s
m
bacilo de Döderlein
[MONERA]
Bacilo da familia das lactobaciláceas, considerado idéntico ao Lactobacillus acidophilus; preséntase habitualmente na vaxina humana, á que lle confire un pH ácido.
-
bacilo de Ducrey
[MONERA]
Bacilo causante do chancro brando.
-
bacilo de Eberth
[MONERA]
Bacteria en forma de bacilo, axente da febre tifoidea no home e noutros mamíferos.
-
bacilo de Flexner
[MONERA]
Bacilo que causa a miúdo a disentería bacilar ou epidémica.
-
bacilo de Friedländer
[MONERA]
Bacilo causante dun tipo grave de pneumonía, infeccións urinarias e sepsia.
-
bacilo de Hansen
[MONERA]
Bacteria en forma de bacilo, axente da lepra.
-
bacilo de Klebs-Löffler
[MONERA]
Bacteria en forma de bacilo, que provoca a difteria.
-
bacilo de Koch/bacilo tuberculoso
[MONERA]
Bacteria en forma de bacilo, axente da tuberculose no home e noutros mamíferos.
-
bacilo de Pfeiffer
[MONERA]
Bacteria en forma de bacilo, que provoca afeccións como a bronquite, a pneumonía, a meninxite, a conxuntivite e outras.
-
bacilo piociánico
[MONERA]
Bacilo Gram-negativo, oportunista, que se pode illar en certos procesos infecciosos graves.