Bacteroides
Bacteroides
[MONERA]
Xénero de bacterias da familia das bacteroidáceas que forman parte da flora intestinal normal do home e doutros mamíferos, abundantes sobre todo no colon; son Gram-negativas, anaeróbicas e non forman esporas. As especies B. fragilis e B. melaninogenicus son patóxenas para o ser humano.