baddeleyita
baddeleyita
s
f
[MINERAL]
Óxido de circonio, de fórmula ZrO2. Cristaliza no sistema monoclínico, e os seus cristais son moi pequenos, de cor amarela, vermella ou negra. Ten dureza 6,5 e peso específico 5,4-6,02. É abundante no Brasil e en Sri Lanka. Emprégase como abrasivo e na fabricación de material refractario, pinturas e lacas.