bahaísmo
bahaísmo
(
s
m
[RELIX]
Movemento relixioso do Islam iniciado por Mīrzā Alī Mu ḥ ammad (babismo) e reformado por Mīrzā Alī Ḥ usayn Nūrī, chamado Baha’ Allah. Á morte de Bahā’ Allāh (1892), sucedeuno o seu fillo ‘Abbās, que tomou o nome de Abd al-Bahā’ (‘servo de Bahā’), que escribiu O plano divino, unha chamada a todos os bahaístas a fin de estender as doutrinas do seu pai. Á súa morte (1921), sucedeuno o seu neto. O bahaísmo cre que a revelación divina é un proceso continuo e progresivo; rexeita o sacerdocio e o rito e eleva á categoría de culto toda obra feita con espírito de servicio; rexeita o ascetismo e a mendicidade relixiosa; prescribe a monogamia e desaconsella o divorcio; ensina a unidade do xénero humano e afirma a igualdade de homes e mulleres.