1 baile

1 baile

(

  1. s m

    Facer pasos ou saltos acompasados co ritmo da música.

    Ex: Estou indo a clases de baile.

    Confrontacións: danza.
  2. s m

    Modalidades da acción de bailar adaptadas a un xénero musical.

    Ex: Gústame a polca, pero non todos os bailes.

  3. s m

    Festa na que se reúnen varias persoas e se baila.

    Ex: Pola festa grande haberá moitos bailes.

  4. s m

    Lugar onde se reúne xente co fin de bailar.

    Ex: Todos os domingos hai baile na casa da cultura.

  5. s m

    Espectáculo no que bailan danzaríns profesionais.

    Ex: A bailarina escordou un nocello durante o baile, pero seguiu danzando.

  6. s m

    Situación de oposición entre dous individuos ou grupos.

    Ex: Xa tiveches outra pelexa, sempre andas en bailes.

  7. s m

    Alteración da orde de algo a causa dun erro.

    Ex: A túa declaración de facenda estaba errada por un baile nas cifras. Vía con tanta dificultade que lle bailaban as letras.

  8. s m [LIT]

    Peza escénica breve que combina o texto coa música e a mímica, representada durante os entreactos no teatro castelán dos ss XVI-XVIII.

Frases feitas

  • Ter o baile de san Vito. Non parar quieto.

Refráns

  • A danza sae da panza.
  • Bailar ben e bailar mal, todo é bailar.
  • Bailar sen son non é diversión.
  • Bailaremos neste san Xoán, que para o que vén Deus sabe quen bailará.
  • Na casa do tamborileiro todos saben ser danzantes.
  • O que baila sen tanxer, ou é tolo ou quéreo ser.
  • O que ten gana de bailar con pouco son bailará.
  • Polo pan baila o can, para ver se llo dan.
  • Quen ben baila, de voda en voda anda.
  • Quen foi bailador de mozo, de vello inda lle dá un xeito / inda vai á rúa.
  • Repenica de présa, meu tamborileiro, que bailar ben de présa, iso éche o que eu quero.
  • Tanto bailei coa sobriña do cura, tanto bailei, que me deu quentura.
  • Ti bailaches e eu bailei: ti como sabes e eu como sei.
  • Xanporentrelas é tan peneireiro, que baila na punta dun agulleiro / dun pandeiro.