Bailén, Batalla de
Bailén, Batalla de
Combate librado o 19 de xullo de 1808 preto de Bailén (Andalucía) entre o exército imperial francés mandado polo xeneral Dupont e as tropas reunidas polas xuntas de defensa de Granada e Sevilla baixo o mando do xeneral Castaños. Foi a primeira derrota en campo aberto sufrida polos exércitos napoleónicos, a consecuencia dela o Rei Xosé I Bonaparte saíu de Madrid e deixou todo o sur da Península Ibérica en mans das xuntas de defensa.