baixo latín
baixo latín
(< baixo + latín)
s
m
[LING]
Termo pouco preciso que adoita empregarse para facer referencia ao latín da Alta Idade Media e, especialmente, á lingua daqueles textos que foron escritos con grandes concesións á lingua falada por persoas de escasa preparación gramatical e literaria.