bakufu*

bakufu*
s m [HIST/POLÍT]

Nome dado ao novo réxime de goberno instaurado en Kamakura en 1185 por Minamoto no Ioritomo. Estaba presidido pola autoridade do shōgun e asesorado por un consello de tres membros encargados, respectivamente, da guerra, das finanzas e da xustiza. Recibía este nome porque os antigos shōgun eran nómades e gobernaban desde o campo. Foi a estrutura da administración xaponesa ata 1867.