Waals, Johannes Diderik van der

Waals, Johannes Diderik van der

(Leiden 23.11.1837 - Amsterdam 9.3.1923) Físico neerlandés. Estudou os gases, a termodinámica e a teoría cinética, campo en que perfeccionou as teorías existentes. Estudou a capilaridade, a continuidade dos líquidos e os gases, a disociación electrolítica ou as forzas atómicas. A súa ecuación de estado, pola que recibiu o Premio Nobel de Física (1910), mellora a dos gases perfectos.

Palabras veciñas

Waal | Waals, ecuación de van der | Waals, forzas de van der | Waals, Johannes Diderik van der | Wabash | Wace, Robert | Waco