Waksman, Selman Abraham
Waksman, Selman Abraham
(Priluki, Ucraína 22.7.1888 - Hyannis, Massachusetts 16.8.1973) Microbiólogo ucraíno. Naturalizado estadounidense, estudou os microorganismos do solo e descubriu estreptomicina, substancia extraída do Streptomyces griseus, eficaz contra o bacilo de Koch e tratamento fundamental da tuberculose. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1952).