Warren, comisión
Warren, comisión
Comisión encabezada polo presidente do tribunal supremo de EE UU E. Warren (1891-1974), creada polo presidente L. B. Johnson en 1963 para investigar o asasinato de John F. Kennedy. As súas conclusións (1964) negaban calquera clase de conspiración entre o presunto asasino, L.H. Oswald, e quen o matou, J. Ruby. Testemuños posteriores demostraron a parcialidade destas conclusión, e o tema da posible conspiración volveu rexurdir, sobre todo a raíz do caso Watergate (1974).