Wilson, ciclo de

Wilson, ciclo de
[XEOL]

Período de separación e converxencia das placas litosféricas establecido polo xeofísico canadense J. T. Wilson (1966). Parece que só se produciu un ciclo deste tipo en toda a historia da Terra, que rematou coa formación de Panxea a partir do desmembramento dun continente anterior. En diferentes lugares do mundo atópanse elementos de cada un dos seis estadios en que se divide este período, como a sutura Indus-Yarlung Zangbo na cordilleira do Himalaia.