Wilson, observatorio
Wilson, observatorio
Observatorio astronómico situado en Mount Wilson (California). G. E. Hale comezou a súa construción en 1904. En 1908 foille instalado un telescopio reflector de 1,5 m de diámetro, e en 1918 un de 2,5 m, o máis grande do mundo. Desde 1948, xunto co observatorio Palomar, depende do Californian Institute of Technology, e desde 1970 ambos os dous son coñecidos como Observatorios Hale.