Winnetka, sistema
Winnetka, sistema
[EDUC]
Sistema de ensino individualizado que foi posto en práctica por primeira vez en 1915 por E. W. Washburne nun suburbio de Chicago e que se deu a coñecer en 1922. Parte dun coñecemento do suxeito e baséase en catro pincipios pedagóxicos: o dereito do alumno a adquirir coñecementos que lle servirán para a vida; a necesidade de vivir a vida de alumno plenamente; a evolución humana de cada individuo na súa plenitude e o desenvolvemento dunha conciencia social.