kickapu
kickapu
-
s
m
[LING]
Lingua algonquina que falan os kickapus.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de América do Norte de lingua algonquina, que na época da colonización europea habitaba na rexión entre o Ohio e o Mississippi. Enfrontáronse aos colonos e rexeitaron a asimilación, polo que se trasladaron ás rexións situadas máis ao S. Divididos en catro grupos, habitan en EE UU, en Kansas, Oklahoma e Texas, e en México, ao redor de Coahuila.
-
adx
Relativo ou pertencente aos kickapu ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo kickapu.