kikuiu

kikuiu
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos kikuiu.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo kikuiu.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo de lingua bantú que habita nos altiplanos centrais de Kenya. Vive en grupos domésticos que forman poboados, pero a organización social xira ao redor de grupos de parentesco patrilineal, incluídos, á súa vez, en grandes clans. Esta organización tivo unha grande importancia na rebelión Mau-Mau, protagonizada na súa maioría por kikuius. Constitúen a etnia máis numerosa e cun maior peso político en Kenya.

Palabras veciñas

Kigali | Kigoma | Kii | kikuiu | Kikwit | Kilauea | Kilby, Jack