Kim Dae Jung

Kim Dae Jung

(República de Corea 1925) Político. Líder do Movemento Democrático para a Salvación Nacional (1976), foi apresado (1976-1979) e condenado a morte (1980), pero esta pena foille conmutada por prisión. Exiliado a EE UU (1982), ao retornar ao seu país, despois de dous intentos (1987 e 1992), en 1997 foi elixido presidente. Iniciou unha profunda transformación económica da República de Corea e unha política de apertura cara a República Democrática de Corea, que tivo o momento máis representativo no encontro con Kim Jong Il (2000), primeira reunión oficial entre os xefes de estado das dúas Coreas. Foille concedido o Premio Nobel da Paz no ano 2000.

Palabras veciñas

kilowatt | kilowatt-hora | kilt* | Kim Dae Jung | Kim Il-sung | Kim Jong Il | Kim Young Sam