Kitāb al-Qānūn fī-l-
Kitāb al-Qānūn fī-l-
Nome científico:
[Libro do canon de medicina]
[MED/LIT]
Obra médica en cinco libros escrita en árabe por Avicena, considerada durante a Baixa Idade Media e o Renacemento a obra clásica da medicina. A tradución ao latín de Gherardo da Cremona, do s XII, foi impresa, por enteiro ou parcialmente, 36 veces nos ss XV e XV. O primeiro libro, al-kullīyāt, contén a parte xeral (definicións, fisioloxía, nosoloxía, etioloxía e sintomatoloxía); o segundo ocúpase dos medicamentos; o terceiro é unha patoloxía específica; o cuarto estudia as enfermidades que afectan a todo o organismo, as fracturas e luxacións e a cosmética e o quinto é unha farmacopea.