kiwi
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Nome común do xénero de aves Apteryx, da orde dos estrucioniformes, que comprende tres especies: Apteryx australis, Apteryx haastii e Apteryx owenii. O seu tamaño corporal oscila entre os 50 e os 70 cm; o macho é máis pequeno ca a femia. Teñen corpo robusto, patas curtas con tres dedos e un pico moi longo e delgado, lixeiramente curvado cara a abaixo que posúe na punta as fosas nasais; carecen de cola. Son endémicos de Nova Zelanda e certas illas próximas. Teñen costumes nocturnos e o olfacto extraordinariamente desenvolvido, feito que lle permite localizar as miñocas e as larvas soterradas na terra húmida, que extraen co pico; cando a terra se seca aliméntanse da froita que cae das árbores e de follas. Na actualidade teñen un estatus de protección, xa que foron devastados pola comercialización das súas plumas e polos mamíferos depredadores introducidos.
-
s
m
[PLANTA]
Planta gabeadora orixinaria de China, cun sistema radicular potente, que pode chegar a medir máis de 9 m. Ten follas caducas, pecioladas, de tamaño variable segundo o sexo e idade da planta e coa face máis escura ca o envés; son plantas hermafroditas en constitución pero dioicas funcionalmente, con flores agrupadas en inflorescencias, de tamaño variable e cor abrancazada. O froito é unha baga ovoide, de cor marrón, pilosa e a polpa de cor verde, con numerosas sementes dispostas concentricamente, e unha alta contribución de vitamina C e E, elevado contido en fibra, e baixo en colesterol. O seu cultivo estendeuse a moitos países; nos últimos anos adquiriu importancia en Galicia, polo que o seu cultivo é obxecto de estudo e mellora en centros como a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en Pontevedra.
-
s
m
[BOT/ALIM]
Froito desta planta.