Kjeldahl, método de
Kjeldahl, método de
[QUÍM]
Método empregado para a determinación do nitróxeno amoniacal. Fundaméntase na transformación da substancia nitroxenada en sulfato amónico, por dixestión con ácido sulfúrico. Destílase finalmente o líquido para recoller o amoníaco sobre unha solución valorada dun ácido inorgánico.