Klee, Paul

Klee, Paul

(Münchenbuchsee, Berna 18.12.1879 - Muralto-Locarno, Ticino 29.6.1940) Pintor suízo. Estudiou na Escola de Belas Artes de Múnic (1898), onde en 1806 expuxo as súas augafortes, influenciado por V. Van Gogh, P. Cézanne e J. Ensor. Foi un dos creadores do grupo Der Blaue Reiter (1911) e participou na New Sezession en Múnic (1914), na Bauhaus de Weimar e na primeira exposición surrealista na Gallerie Pierre de París (1925). Na súa viaxe a Tunes (1914) descubriu a cor, característica principal da súa produción. Creou unha arte de raíz abstracta con tendencia surrealista e exótica, relacionada coa arte dos nenos e dos primitivos. Os nazis confiscaron parte da súa obra (1937), considerada dexenerada. Da súa obra destacan Senecio (1922) e Ad Parnassarum (1932).