Klossowski de Rolla, Balthazar

Klossowski de Rolla, Balthazar

(París 1908 - Rossiniére, Suíza 2001) Pintor. Coñecido como Balthus, autodefiniuse   como narrativo e surrealista. As súas obras máis características son as que representan personaxes que camiñan polas rúas de París, adolescentes de expresión inxenua e ás veces maléfica seres illados dun mundo cheo de ambigüidades perturbadoras que transmiten soidade e inquedanza. Foi abandonando os aspectos máis descritivos das primeiras obras por unha abstracción representativa (Amencer, 1954).