Koeppen, Wolfgang

Koeppen, Wolfgang

(Greifswald, Rostock 23.6.1906 - Múnic 15.3.1996) Escritor alemán. Foi autor de Tauben im Gras (Pombas na herba, 1951), Das Treibhaus (O invernadoiro, 1953) e Der Tot im Rom (A morte en Roma, 1954). Escribiu tamén libros de viaxes, como Nach Russland und anderswohin (Cara a Rusia e outros lugares, 1958) e New York (1977), e relatos, como Romanisches Café (Café románico, 1972) e Jugend (Xuventude, 1976).