Kohler, George Jean Franz

Kohler, George Jean Franz

(Múnic 1946 - Friburgo 1995) Biólogo alemán. Doutor pola Universidade de Friburgo (1974), estudiou o control xenético da síntese dos anticorpos, que abriron as portas á consecución de anticorpos clonais contra calquera antíxeno. Por estas investigacións recibiu en 1984 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con K. Jerne e C. Milstein.