Konduriotis, Pavlos

Konduriotis, Pavlos

(Hydra 1855 - Atenas 1935) Político e mariño grego. Participou na guerra contra os turcos de 1897 e dirixiu a escuadra grega nas Guerras Balcánicas (1912-1913). Foi ministro da Mariña, rexente de Constantino I de Grecia (1920) e presidente da República (1924-1926 e 1926-1929).