Konigsberg, Allen Stewart
Konigsberg, Allen Stewart
(Brooklyn, Nova York 1935) Director, actor e escritor cinematográfico. Coñecido como Woody Allen, iniciou a carreira artística como animador de espectáculos e autor de teatro e televisión. O seu primeiro filme, Take the Money and Run (1969), encadrouno na tradición dos clásicos do cinema cómico. En 1977, a súa película Annie Hall obtivo tres Oscar de Hollywood, e tres máis Hannah and her Sisters (1987). Tamén dirixiu Manhattan Murder Mistery (1993), Bullets over Broadway (1995), Mighty Aphrodite (1995), Everyone Says I Love You (1996), Deconstruting Harry (1997), Celebrity (1998) e Anything Else (2003).